anagnórise
anagnórise
(
s
f
[LIT]
Nome dado polos retóricos clásicos, dentro do teatro grego e latino, ao recoñecemento dun feito ou persoa por parte das personaxes, o que lle dá á obra un xiro decisivo e conduce o argumento ao desenlace (por exemplo, o recoñecemento de Orestes por Electra). A anagnórise pasou a outros xéneros e foi chamada tamén agnición e recoñecemento.