analcima
analcima
s
f
[MINERAL]
Silicato aluminicosódico hidratado, NaAlSi2O6·H2O, tectosilicato do grupo das zeolitas. Cristaliza no sistema cúbico, e os cristais poden estar illados, reunidos en drusa ou en agregados compactos ou terrosos. É de exfoliación pouco clara e a súa cor é branca, rosa ou gris. Ten unha dureza de 5,5 e un peso específico de 2,24. Aparece nas cavidades dos basaltos como produto da transformación da nefelina e a leucita.