analxésico -ca

analxésico -ca

(< analxesia)

  1. adx

    Relativo ou pertencente á analxesia.

    Ex: Tomou unha serie de medicamentos analxésicos para baixar a febre.

  2. s m [MED]

    Medicamento que diminúe ou suprime a dor. Só con finalidades prácticas, os analxésicos poden clasificarse en tres grandes grupos: os que actúan en cadros de dor visceral (metadona, morfina, pentazocina e petidina); os analxésicos menores (ácido acetilsalicílico, acetilsalicilato de lisina, aloxiprina, benorilato, diflunisal, salsalato, nefopam, paracetamol e derivados opiáceos menores como a codeína, o dextropropoxifeno e a tilidina); e os indicados nos cadros de dor cólica renal ou biliar (derivados do ácido salicílico, derivados dos opiáceos menores, administrados por vía oral, e tamén o acetilsalicilato de lisina, o diclofenaco, a noramidopirina metesulfonato e a petidina, por vía parenteral).

Palabras veciñas

analoxismo | analoxista | analxesia | analxésico -ca | analxia | Anambra | anamnese