Anarrhinum
Anarrhinum
[PLANTA]
Xénero de plantas herbáceas bienais ou perennes, da familia das escrofulariáceas, de follas basais enteiras e coas caulinas palmatisectas. Flores zigomorfas, pequenas, azuladas e con esporón. En Galicia están presentes A. bellidifolium en ambientes secos e A. duriminium que constitúe un endemismo do noroeste penínsular.