Anaya SA
Anaya SA
Grupo Empresarial editorial creado en 1988 a partir de Ediciones Anaya (1959), dedicada aos libros de texto, e de Ediciones Generales Anaya. Integran este grupo editorial Edicións Xerais de Galicia e Alianza Editorial, adquirida en 1989. O capital social da empresa ten participación maioritaria da multinacional Havas dende o ano 1999.