Áncora, Fundación
Áncora, Fundación
Entidade creada en Vigo o 31 de maio de 1989 e declarada de interese galego pola Consellería de Traballo e Benestar Social da Xunta de Galicia. O seu presidente é Jesús Antelo Cortizas. Entre os seus obxectivos figuran a atención e coidado das persoas con deficiencias psíquicas co fin de potenciar e desenvolver as súas capacidades e posibilidades, exercendo a súa promoción titular. Dirixe os fondos a obras culturais-formativas e lúdicas para as persoas con atraso mental e organiza xuntanzas para orientar e axudar as familias afectadas de cara ao futuro dos fillos tanto desde o ámbito xurídico como testamentario ou económico.