Andeca

Andeca

Nobre suevo que destronou no 584 a Eurico, quen sucedera ao seu pai Miro no 583 á fronte do Reino de Galicia. O destronamento de Eurico provocou a súa intervención a prol do lexítimo herdeiro do Rei visigodo Leovixildo. Este, aproveitando a confusión interna, anexionou o Reino de Galicia á Coroa Visigoda no 585 malia os esforzos de Malarico, axiña vencido e preso. Galicia ficou daquela como unha das tres grandes provincias visigodas, xunto á Galia e Hispania, acadando progresiva importancia dentro do Reino Visigodo: os monarcas asociaron os seus herdeiros ao trono como Reis de Galicia e, no 696, Vitiza instalou a capital en Tui, feito que pode estar a indicar o decantamento dos galaicos polo bando vitizano. Son, xa que logo, aliados dos musulmáns que apoiaron a lexitimidade de Vitiza fronte á que se sublevou o nobre Rodrigo (ou Roderico), o que explicaría o respecto ou a falta de interese na invasión musulmá do territorio da Gallaecia e as súas boas relacións cos emires de Córdoba. Mesmo estes terían permitido que Galicia recuperase a xurisdición sobre os territorios ao sur do Douro, que xa tivera durante o período do Reino Suevo de Galicia.

Palabras veciñas

Andeade | Andeas | Andeca | Andeca | Andegas | Andego | Andeiro