andosino -na

andosino -na
s [HIST]

Pobo prerromano do N da actual Catalunya, coñecido só por unha citación de Polibio, na que se di que foi sometido por Aníbal no 218 a C na súa expedición contra Roma. A maioría dos autores relacionan este pobo co de Andorra.