Androcles
Androcles
Escravo romano que, segundo unha tradición estoica recuperada por Séneca, fuxiu do seu amo. Atopado e condenado a morrer na area, foi recoñecido e defendido por un dos leóns, ao que lle curara unha ferida durante a época que estivera en liberdade. A consecuencia dese feito foi indultado. Bernard Shaw tratou o tema satiricamente na súa comedia Androcles and the lion (1912).