andróxeno -na
andróxeno -na
(< lat androgynus < gr ἁνήρ, ἀνδρός ‘varón’ +γυνή ‘muller’)
-
adx
[BIOL]
Que produce órganos, células e outras estruturas de carácter masculino.
-
adx
[FISIOL]
Que provoca ou estimula a aparición de caracteres sexuais masculinos.
-
s
[BIOQ/FISIOL]
Cada unha das hormonas sexuais de acción masculinizante segregadas polos testículos, polo córtex suprarrenal e, en pequena cantidade, polos ovarios. Todos os andróxenos naturais son derivados do androsteno. Deles dependen os caracteres sexuais: virilidade, crecemento dos órganos xenitais, desenvolvemento do instinto sexual, etc. Os andróxenos máis importantes son a testosterona e a androsterona.
-
adx
[BIOL]
Que enxendra homes.