Andryala
Andryala
[PLANTA]
Xénero de herbáceas da familia das asteráceas, cubertas dun tomento abrancazado ou apardazado. Presentan capítulos de brácteas involucrais en dúas series con flores liguladas de coloración amarela, e aquenios pequenos con vilano caduco e plumosos. En Galicia están presentes en ambientes areosos ou rochosos A. integrifolia e A. ragusina.