aneiro -ra

aneiro -ra

(< ano + -eira)

  1. adx

    Dise da árbore que un ano dá moita froita e o outro moi pouca ou ningunha.

    Ex: Esa ameixeira que ves cargadiña de ameixas non deu nada o pasado ano, é aneira.

  2. adx

    Dise do terreo que se dedica un ano a un cultivo e o seguinte a outro diferente. Así conséguese a alternancia na produción e un maior aproveitamento das substancias nutritivas da terra.

    Ex: A leira con millo é aneira, o ano pasado botarámoslle patacas.

  3. adx

    Que depende de como transcorre o ano.

    Ex: O turismo é un ben aneiro.

Palabras veciñas

Anegada Pasaxe | anegar | Aneirín | aneiro -ra | Aneiros | anel | Añel