abdución
(< lat abductione‘separación’)
-
s
f
[FILOS]
-
Siloxismo en que a maior premisa é evidente de seu, en tanto que a menor, polo tanto a conclusión, soamente é probable.
-
Segundo Pierce, hipótese explicativa inferida a partir dunha serie de datos, pero de natureza cualitativamente distinta da que resultaría dunha indución sinxela. Pierce botou man de varios termos ademais do de abdución, como os de presunción, inferencia hipotética e hipótese. O filósofo comezou coas inferencias siloxísticas, especialmente as aristotélicas, facendo fincapé no concepto de apagoge ou redución das figuras do siloxismo á figura primixenia (siloxismo Bárbara). Segundo Pierce os procesos mentais de descubrimento, xustificación e explicación son inferenciais e clasificables en dedutivos ou analíticos e sintéticos. Non resulta claro en Pierce se a abdución é unha conxectura, as razóns que levan á conxectura, ou as razóns que, unha vez formulada a conxectura, explican por qué se escolleu esta e non outra. Tampouco está sempre claro se a abdución concirne á construción dunha conxectura ou hipótese ou ben á selección razoada dunha delas entre varias.
-
-
s
f
[FISIOL]
Movemento polo cal un membro ou órgano calquera se afasta do plano medio do corpo.
-
s
f
[DER]
Acción de levar a alguén contra a súa vontade do lugar onde vive normalmente valéndose da violencia ou de enganos.
Sinónimos: rapto. -
s
m
[HIST/BÉL]
Na Roma antiga, dislocación ou ruptura dunha formación militar.
-
s
f
Presunto secuestro realizado por seres extraterrestres.