Abū-l- asan
Abū-l- asan
Sultán marinida de Marrocos (1331-1348). Criado polo Emir de Granada Yūsuf I, fixo o derradeiro intento de recuperación dos territorios do Al-Andalus ocupados polos cristiáns hispánicos, sendo derrotado definitivamente na Batalla do río Salado (1340). Na expansión cara ao leste conquistou Tilimsen (1337) e Tunicia (1348), pero foi vencido por unha coalición de tribos árabes e forzado a abandonar Ifrīqiya (1349). Durante o seu reinado o Imperio marroquí acadou o seu máximo esplendor.