Adpuls
Adpuls
[COMUN]
Modelo publicitario teórico desenvolvido por Simon en 1982 que busca combater o efecto da diminución persuasiva da publicidade. O autor sostén que tras unha primeira fase na que se produce un incremento de vendas derivadas da publicidade, co tempo, as mensaxes publicitarias perden a súa eficacia aínda que se manteña a mesma intensidade na emisión de anuncios. En calquera caso, a retirada da publicidade fai que as vendas declinen de forma paulatina. Polo tanto, o modelo Adpuls propón unha estratexia publicitaria de difusión cíclica de anuncios fronte á inversión publicitaria constante.