agnosticismo

agnosticismo

(< agnóstico)

s m [FILOS]

O agnosticismo renuncia a saber todo o que reborda os límites do noso coñecemento. O agnosticismo ten unha base científica-positiva que considera inalcanzable para o noso coñecemento alén do que a ciencia permite, non aceptando máis verdade ca a que está sustentada polo método científico e, polo tanto, están en contra da noción absoluta e de calquera metafísica construída sobre esta noción. Neste sentido, preséntase como unha doutrina exclusivamente científica ao introducir unha limitación aos seus propios obxectos de coñecemento e negar o carácter científico da metafísica. O agnosticismo abrangue todas as filosofías que sustentan que a cousa en si é inasequible para a intelixencia humana: idealismo absoluto de Berkeley, empirismo de Hume ou empiriocriticismo de Mach e Avenarius, que reducen o ser á representación do mesmo; ou o idealismo transcendental de Kant ou o positivismo de Comte e Spencer, que entenden que só podemos coñecer os fenómenos da cousa en si. O termo foi introducido por Th. Huxley.

Ex: Todo o quere comprobar cientificamente, practica o agnosticismo.

Citas

  • Todo o quere comprobar cientificamente, practica o agnosticismo.