Amanita

Amanita
[FUNGO]

Xénero de fungos da orde dos amanitais, de cogomelos de sombreiro con láminas libres, esporas brancas e pé con volva na base que pode presentar anel. En Galicia son frecuentes: A. citrina, baixo arbores caducifolias, con sombreiro amarelo ou branco e cheiro a pataca, indixesta; A. gemnata, baixo caducifolias ou coníferas e inodora, non comestible; A. muscaria, de sombreiro vermello con restos brancos do velo, en bosques de bidueiros e coníferas, alucinóxena; A. pantherina, baixo caducifolias, con sombreiro de pardo a ocre con copos brancos, moi velenosa; A. phalloides, baixo planifolias, con sombreiro verde cobrizo, mortal; A. rubescens, presente tanto en bosques de coníferas como de caducifolias, con sombreiro pardo avermellado e numerosos copiños grisallos, excelente comestible; A. vaginata, baixo carballos, de sombreiro umbonado de cor grisalla e pé sen anel, bo comestible.

Palabras veciñas

amangar | Amanieu de Sescars | amanii* | Amanita | amanital | amanitina | amaño