amante

amante

(

  1. adx

    Que ama.

    Ex: Sendo tan amante da túa familia parece mentira que marches de casa.

  2. adx

    Que ten grande afección por unha cousa.

    Ex: É amante da música e por iso compra os mellores discos do mercado.

  3. s

    Home, respecto da muller, ou muller respecto do home, que ten relacións sexuais habituais fóra do matrimonio.

    Ex: Esta noite vimos o amante da túa tía nesa discoteca.

  4. s

    Persoa coa que outra mantén relacións sexuais.

    Ex: A súa muller é a súa amante favorita.

  5. s pl

    Dúas persoas que se aman.

    Ex: Son amantes e viven xuntos dende hai moitos anos.

  6. adx [ALIM]

    Aplícase ao viño que non ten aristas organolépticas. É o viño que “senta ben” ao corpo.

  7. s m [MAR]

    Nome xenérico de todo cabo groso ou cable asegurado, por un extremo, á punta dun pau ou dunha verga e, polo outro, a un aparello.

  8. s m [MAR]

    Especialmente, cable que ten por finalidade izar pesos, especialmente nas operacións de carga e descarga dos buques.

Palabras veciñas

amansar | amantadina | amantar | amante | amantes de Teruel, Los | amanuense | Amapá