amratense
amratense
-
adx
[PREHIST]
Relativo ou pertencente ao período amratense.
-
s
m
[PREHIST]
Período da protohistoria exipcia, en época predinástica, entre o Neolítico badariano e o Calcolítico xerceano. Os elementos característicos procedentes das necrópoles estudiadas son: machadas e puñais de sílex, puntas de frecha tamén en sílex, cerámicas vermellas coa parte alta negra e cerámicas con escenas pintadas. Tamén se coñece este período co nome de Naqada I.