anatexia
anatexia
(< gr ἀνάτεξις‘liquefacción’ + -ία ‘calidade’)
s
f
[XEOL]
Fusión parcial das rochas no manto ou na codia terrestre. Ten lugar ao longo das marxes granulosas e prodúcese grazas a un incremento de temperatura (a presión constante) ou ben a un descenso da presión (a temperatura constante). Destes parámetros, como tamén da composición da rocha inicial, dependerá a composición da fracción líquida do magma obtido e a proporción entre líquido e sólido. Son exemplos de anatexia a xeración de magmas graníticos por fusión parcial de rochas da codia (granitización) e a xeración de basaltos por fusión parcial de peridotita do manto.