Andeiro
Andeiro
[HIST/HERÁLD]
Liñaxe oriúnda das terras de Bergantiños, dende onde saíron ramas que fundaron novas casas en Sofán, Goiáns, Mondoñedo, Ourense e Granada. Desta familia galega, descenden os Andeiro de Portugal que marcharan a servir o Rei Pedro I no século XIV. Xoán de Andeiro obtivo, a cambio do apoio real, tres vilas e o condado de Ourén. Por mor da súa relación coa raíña Leonor (esposa de Fernando de Portugal), o Rei Xoán I, fillo de Pedro I e sucesor de seu irmán Fernando, mandouno matar; con el despareceu o seu condado. As súas armas levan, en campo de goles, unha torre de pedra. Outra variante trae, en campo de goles, un castelo de pedra.