anemófilo -la
anemófilo -la
(< anemofilia)
adx
[BOT]
Forma primaria de polinización na que o pole é transportado polo vento. As especies anemófilas producen en gran cantidade un pole de pequeno tamaño, moi lixeiro e de superficie lisa co fin de impedir a aglomeración dos grans, ou con sacos aeríferos que aumentan a súa flotabilidade. Son plantas anemófilas as coníferas e as gramíneas.