anemoscopio

anemoscopio

(<ἄνεμος ‘vento’ +σκοπέω ‘mirar, examinar’)

s m [METEOR]

Aparello que se emprega para indicar a dirección do vento. Xeralmente está formado por un círculo vertical xiratorio que sostén a boca dunha bolsa ou manga de aire de tecido lixeiro que serve de catavento ao inflarse pola acción do vento.

Palabras veciñas

Anemone | anemónimo | anemonina | anemoscopio | anemotropismo | anenado -da | anenar