anexión
anexión
(< lat anexiōne)
-
s
f
Acción e efecto de anexionar. OBS: A grafía x representa o son [Ks].
Ex: Levouse a cabo a anexión desa asociación á federación de asociacións.
-
s
f
[DER]
Acto polo que un estado incorpora un novo territorio á súa soberanía. Formalízase por un acto reservado ao xefe do estado anexante, que pode ser recoñecido pola comunidade internacional (mediante tratados de paz, de retrocesión ou outros) ou só por algúns dos seus membros, como pode acontecer nun caso de ocupación violenta, dunha guerra en proceso de desenvolvemento ou sen rematar por tratado.
-
s
f
[XEOG]
Engadido a un municipio dunha parte do territorio que o rodea.