anfioxo
anfioxo
Nome científico:
[Branchiostomalanceolatum, subfilo dos cefalocordados]
s
m
[ANIMAL]
Animal procordado mariño, fusiforme, duns 6 cm de longo, co corpo comprimido lateralmente e rematado en punta polas dúas extremidades. O plano de organización, moi primitivo, está próximo ao do arquetipo dos vertebrados. Os adultos son unisexuais. Aliméntase de microorganismos, que son atraídos pola corrente de auga que orixina co bater dos cilios branquiais. Debido á súa forma tamén se denomina lanceta.