anfiteatro
(< lat amphitheātru
-
s
m
[ARQUIT]
Edificio romano no que se celebraban diferentes espectáculos públicos. Aquí tiñan lugar as loitas de gladiadores, os xogos venatorios con animais salvaxes, as loitas de homes desarmados con feras (que a miúdo se convertían en execucións en masa) e, con menos frecuencia, había simulacións de combates navais. Era un edificio de planta elíptica, cun espazo central, area, e unha serie de bancadas que o rodeaban, cavea, separadas por un muro, podium, e ás veces por un foso. Tipicamente romano, só se podían atopar nas cidades máis importantes. Un dos máis antigos que se conservan é o de Pompeia (s I a C). A maior parte deles foron construídos durante o Alto Imperio (ss I-III d C). O maior é o Coliseo, en Roma. Son tamén importantes os de Nimes e Arles (Francia), o de Verona (Italia), o de Pula (Croacia), o de El-Djem (Tunicia) e os de Mérida, Itálica, Tarragona e Segóbriga na Península Ibérica.
-
s
m
-
[ARQUIT]
Nun teatro moderno, conxunto de asentos colocados ordinariamente en bancadas semicirculares.
-
Público que ocupa estes asentos.
-
[ARQUIT]
-
s
m
[ARQUIT]
Aula con asentos colocados en bancadas dispostas de forma semicircular.
-
[XEOL]
-
s
m
Cabeceira dun val ou dun terreo deprimido, de forma máis ou menos circular, rodeada de montañas.
-
anfiteatro de moreas
Acumulación en forma de arco circular das moreas terminais dun glaciar, ao redor do extremo final da lingua glacial. Ten unha altura que pode oscilar entre uns poucos metros e os 40 ou 50 m. O anfiteatro ou vallum de moreas presenta habitualmente un perfil disimétrico, cunha vertente interna abrupta e unha vertente exterior cunha pendente pouco pronunciada e que se une, auga abaixo, cos depósitos fluvioglaciais.
-
s
m
-
anfiteatro anatómico
[MED]
Sala de disección nas escolas de medicina, hospitais e outros edificios.