anglo-holandesas, Guerras
anglo-holandesas, Guerras
Guerras que tiveron lugar entre Inglaterra e Holanda na segunda metade do s XVIII, provocadas pola rivalidade comercial de ambos os dous países. A primeira guerra (1652-1654) foi provocada pola promulgación da Navigation Act (1651). Holanda foi derrotada e tivo que asinar un tratado en Westminster. A segunda guerra (1665-1667) tivo a súa orixe na ocupación (1664) de certas colonias da Compañía Holandesa das Indias Occidentais por parte da Compañía Inglesa. A paz de Breda (1667) comportou a derrogación da Navigation Act con respecto ás mercadorías alemanas. Na terceira guerra (1672-1674), Inglaterra loitou ao lado de Francia. A paz asinada en Westminster (1674) ratificou a de Breda e representou o inicio da decadencia das Provincias Unidas.