angostura
angostura
(< angost(o)
-
s
f
Calidade do que é angosto.
Ex: A angostura deste camiño créame certa fobia.
Sinónimos: estreiteza, estreitura. Antónimos: amplitude. -
s
f
Lugar onde unha cousa (un paso, un filón, unha cova, etc) se fai máis estreita.
Ex: Camiñaron pola angostura ata chegar a esa cova de estalactitas.
-
s
f
[PLANTA]
Árbore de orixe tropical que toma o seu nome da poboación de Angostura (ou Angustura) na conca do Orinoco. A súa casca, rica en aceites esenciais, empregábase para tratar a disentería e a diarrea crónica.
-
s
f
[QUÍM/IND]
Extracto da casca da árbore do mesmo nome, empregado na preparación de diversos licores. É un ingrediente importante na preparación dos bitters que hai actualmente no mercado.