Angueira
Angueira
[HIST/HERÁLD]
Liñaxe procedente do pazo e castelo de Angueira de Castro, no concello de Rois. Tamén foron os señores de Padrón, vila que perderon coa caída dos seus parentes os Suárez de Deza. A esta familia pertenceu o ilustre padronés Álvaro de Angueira Junqueras Suárez de Deza, bispo de Quito. As súas armas levan, en campo de goles, un castelo (ou torre) de prata, con portas e ventás de sable; adestrado de tres estrelas de ouro, postas en pao, e dunha espada denuda de prata gornecida de ouro, coa punta cara a arriba; e sinistrado dunha cruz flordelisada, de ouro.