ángulo
(< lat angulu)
-
[MAT]
-
s
m
Rexión do plano limitada por dúas semirrectas de orixe común. Para medir ángulos utilízanse diversas unidades: o ángulo recto, o grao sesaxesimal, o grao centesimal e o radián. O grao sesaxesimal obtense dividindo o ángulo recto en 90 partes iguais; divídese en 60 minutos e o minuto en 60 segundos. As abreviaturas utilizadas son: °, ’, ”. O grao centesimal (g) é a centésima parte do ángulo recto; divídese en 100 minutos e o minuto en 100 segundos. O radián é o ángulo determinado por dous radios dunha circunferencia que comprenden un arco da mesma lonxitude ca o radio.
-
ángulo agudo
Ángulo menor ca o recto.
-
ángulo cóncavo
O que comprende a prolongación dos lados de dúas semirrectas que parten dun mesmo punto. Ocupa tres rexións angulares.
-
ángulo convexo
O que non comprende a prolongación dos lados de dúas semirrectas que parten dun mesmo punto. Ocupa unha ou dúas rexións angulares.
-
ángulo curvilíneo
Ángulo que ten como lados dous segmentos de curva. O seu valor é o das tanxentes ás dúas curvas no vértice.
-
ángulo diedro
Rexión do espazo obtida como intersección de dous semiespacios.
-
ángulo do centro
Ángulo que ten o vértice no centro dunha circunferencia e ten como lados dous radios. Vale igual ca o arco que subtende.
-
ángulo esférico
Ángulo formado pola intersección de dous círculos máximos nunha superficie esférica. En astronomía os ángulos esféricos mídense polo arco percorrido por un punto ou un astro, en graos sesaxesimais ou ben polo tempo en horas, minutos e segundos que transcorren dende o seu paso por un punto ata outro.
-
ángulo exterior a un círculo
Ángulo que ten o vértice exterior na circunferencia e ten como lados dúas secantes. Vale a metade da diferenza dos dous arcos subtendidos.
-
ángulo exterior dun polígono
Ángulo formado por un lado do polígono e a prolongación dun lado contiguo.
-
ángulo inscrito nun círculo
Ángulo que ten o vértice na circunferencia, e no que os lados son cordas. O seu valor é igual á metade do arco subtendido.
-
ángulo interior dun círculo
Calquera dos ángulos que teñen o vértice interior na circunferencia e dúas cordas por lados. Vale a metade da suma dos dous arcos que subtenden os seus lados.
-
ángulo interior dun polígono
Ángulo formado por dous lados contiguos.
-
ángulo mixtilíneo
Ángulo que ten un lado recto e outro curvo.
-
ángulo obtuso
Ángulo maior ca o recto.
-
ángulo plano
Ángulo que ten os lados formando unha soa recta. Vale 180°.
-
ángulo poliedro
Ángulo sólido formado pola intersección de tres ou máis semiespacios determinados por planos que teñen un punto común.
-
ángulo rectilíneo imaxe dun diedro
Ángulo formado por dúas semirrectas situadas unha en cada plano costado do diedro, perpendiculares á aresta nun mesmo punto.
-
ángulo recto
Ángulo que ten os lados perpendiculares.
-
ángulo sólido
Espacio limitado pola superficie enxendrada por unha semirrecta que, con orixe fixa, percorre unha liña pechada. Mídese en estereorradiáns.
-
ángulo triedro
Ángulo poliedro formado pola intersección de tres semiespacios.
-
ángulos adxacentes
Dous ángulos contidos no mesmo plano que teñen o mesmo vértice e situados aos dous lados dunha semirrecta que lles fai de costado común.
-
ángulos alternos
Os dous ángulos de cada unha das catro parellas formadas por dúas rectas cortadas por unha secante, cada un deles a un lado diferente da secante, ambos os dous externos (alternos externos) ou internos (alternos internos) e non adxacentes. Se as dúas rectas son paralelas, os dous ángulos alternos son iguais.
-
ángulos complementarios
Dous ángulos convexos que suman un ángulo recto.
-
ángulos contiguos
Dous ángulos que teñen o vértice e un lado común, sen estar un contido no outro.
-
ángulos correspondentes
Os dous ángulos de cada unha das catro parellas formadas por dúas rectas cortadas por unha secante, ambos os dous a un mesmo lado da secante, un deles interno e o outro externo, e non adxacentes. Se as dúas rectas son paralelas, dous ángulos correspondentes son iguais.
-
ángulos opostos
Ángulos que teñen o mesmo vértice e nos que os lados dun son a prolongación dos lados do outro. Dous ángulos opostos son iguais.
-
ángulos suplementarios
Dous ángulos convexos que suman dous ángulos rectos.
-
s
m
-
ángulo de fibra
alor medio dos ángulos que forman entre si as fibras de coláxeno na pel dos animais.
-
[AERON]
-
ángulo de planada
Ángulo formado pola traxectoria do voo planado e horizontal.
-
ángulo de rozamento
Ángulo formado polo plano de simetría dunha aeronave e a súa traxectoria respecto do aire.
-
ángulo de ruta
Ángulo formado pola ruta dunha aeronave e o meridiano que pasa pola aeronave.
-
ángulo de sustentación nula
Ángulo de ataque dun perfil da á dun avión que produce unha sustentación nula.
-
ángulo de ataque
Ángulo formado por un eixo de referencia ligado a un avión ou a algunha das súas partes e a proxección da velocidade relativa do vento sobre o plano de simetría que contén o eixo.
-
ángulo de cola
Ángulo formado pola corda media do plano horizontal da cola dun avión e unha liña de referencia, case sempre a corda do perfil que corresponde ao arranque de á.
-
ángulo de diedro
Ángulo formado por un plano de sustentación dunha aeronave e o plano de simetría da aeronave.
-
ángulo de pa
Ángulo formado polo intradós dun elemento da pa da hélice e o plano de rotación.
-
ángulo de perda
Ángulo de ataque que produce a máxima sustentación. No caso de valores de ángulo de ataque maiores ca o ángulo de perda, a sustentación cae bruscamente.
-
ángulo de planada
-
[ANTROP/FISIO]
-
ángulo facial
Ángulo delimitado pola liña que pasa polo punto máis prominente do plano saxital da fronte e polo punto interalveolar dos incisivos centrais, e pola que vai dende este punto ata o conduto auditivo.
-
ángulo mandibular
Ángulo formado polas tanxentes á marxe posterior da rama ascendente da mandíbula e á marxe inferior do corpo mandibular.
-
ángulo facial
-
[ARQUEOL]
-
ángulo de fractura
Na industria lítica, é o ángulo formado polo talón e o plano de fractura. A determinación deste ángulo e, sobre todo, a morfoloxía e o estado da superficie desta parte da lasca (preparada ou non, cortical, embotada, etc) informarán sobre as técnicas e métodos de talla.
-
ángulo de lascado
Na industria lítica, é o ángulo formado polo talón e o plano de lascado. A determinación deste ángulo axuda a identificar o tipo de percusor empregado na talla da peza; así, o plano adoita ser máis obtuso se o percusor é de pedra e moito máis recto se é de óso ou madeira. A partir da súa morfoloxía (presencia dun cono incipiente, dun beizo, etc) pódese averiguar a técnica de talla.
-
ángulo de fractura
-
[ASTRON]
-
ángulo da vertical
Ángulo que forma a vertical da Terra nun lugar prefixado e a recta que une o centro da Terra con este lugar. O seu valor é sempre inferior aos 12’, e equivale á diferenza entre a latitude xeográfica e a latitude xeocéntrica do lugar.
-
ángulo de fase
Ángulo formado pola dirección dun raio de luz solar que incide na superficie da Lúa (ou dun planeta) e a dirección do raio reflectido que é recibido polo observador na Terra.
-
ángulo do cénit/ángulo acimutal
Ángulo esférico formado no cénit polo meridiano celeste e a vertical do astro considerado. É un dos ángulos do triángulo de posición e é igual ao acimut astronómico do astro.
-
ángulo do polo/ángulo meridiano
Ángulo esférico, co vértice no polo elevado, comprendido entre o meridiano superior e o semicírculo horario do astro. O ángulo do polo é un dos ángulos do triángulo de posición e coincide co valor do horario cando este é inferior a 180°.
-
ángulo horario
horario.
-
ángulo paraláctico/do astro/ángulo de posición
Ángulo esférico que ten o seu vértice no astro e que ten por lados a vertical e o círculo horario deste. É un dos ángulos do triángulo de posición.
-
ángulo sideral
Arco do ecuador contado, no sentido inverso ao dos horarios, dende o primeiro punto de Aries ata o círculo horario do astro considerado e expresado en graos de arco. É o suplemento en 360° da ascensión recta, coa particularidade de que esta se expresa en tempo (de 0 a 24 horas).
-
ángulo da vertical
-
[BÉL]
-
ángulo de tiro
Ángulo que forma a liña de tiro ou prolongación do eixo da ánima da arma apuntada coa horizontal.
-
ángulo morto
Zona do terreo resgardada do fogo e da observación por un accidente natural ou artificial.
-
ángulo morto en batalla
Espacio que queda ao redor das obras defensivas e dos tanques, que non pode ser atacado con fogo directo polas armas propias.
-
ángulo de tiro
-
ángulo de diverxencia
[BOT]
Ángulo que forman os dous planos mediais de simetría que corresponden a dúas follas inmediatamente consecutivas.
-
[CONSTR/ENX]
-
ángulo cenital
Ángulo que forma a visual dun punto coa vertical da estación. É o complemento do ángulo de altura.
-
ángulo de aliñación
Ángulo formado por dúas aliñacións rectas, sucesivas, do eixo da estrada.
-
ángulo de altura
Ángulo que forma a visual dun centro coa liña horizontal que pasa polo centro do aparello.
-
ángulo de noiro
Ángulo máximo que poden formar a superficie inclinada ou noiro dun terraplén e a horizontal.
-
ángulo cenital
-
[ESPECT/IMAX]
-
s
m
Orientación do eixo óptico da cámara cinematográfica en relación a unha liña horizontal.
-
s
m
Situación da cámara respecto ao campo (picado, contrapicado, frontal, etc).
-
s
m
Aspecto dos suxeitos vistos desde un ángulo determinado.
-
ángulo do obxectivo
Amplitude de espazo que abrangue o obxectivo, susceptible de formar unha imaxe circular nítida sobre a placa.
-
s
m
-
ángulo de contacto
[FÍS]
Ángulo que forma a superficie dun líquido no punto en que este contacta coas paredes que o conteñen. Se este ángulo é inferior a 90° dise que o líquido molla o sólido; se é igual a 0°, que o molla perfectamente; se é superior a 90°, que non o molla.
-
[FÍS]
-
ángulo de abertura
Nun sistema óptico, ángulo do cono de raios que, partindo do obxecto, está limitado pola pupila de entrada.
-
ángulo de incidencia
Ángulo formado polo raio incidente e a normal a unha superficie, que separa os medios, no punto de incidencia.
-
ángulo de polarización
Ángulo co que debe incidir un raio de luz sobre unha superficie separadora de dous medios con índices de refracción diferentes para que na luz reflectida non haxa compoñente paralela ao plano de incidencia.
-
ángulo de refracción
Ángulo formado por un raio refractado e a normal á superficie, que separa os medios, no punto de incidencia.
-
ángulo límite
Ó pasar a luz dun medio a outro do índice de refracción menor (por exemplo da auga ao aire), valor mínimo do ángulo de incidencia a partir do que ten lugar a reflexión total. Un raio que incide cun ángulo menor é refractado, mentres que se o fai cun ángulo maior é reflectido, e actúa deste xeito a interficie como un espello.
-
ángulo visual de dous puntos
Ángulo formado por dúas rectas que pasan por dous puntos e converxen no ollo. O valor mínimo do ángulo visual que permitirá identificar dous puntos diferentes é de 40’ - 60’ para o ollo humano.
-
ángulo de abertura
-
[FÍS/TECNOL]
-
ángulo de axuste
Nunha máquina de colector, ángulo eléctrico entre a liña das vasoiriñas e a liña neutra.
-
ángulo de fase
Nun fenómeno periódico sinusoidal, distancia angular entre a orixe do tempo e o punto considerado. Normalmente tómase como orixe do tempo o punto onde comeza a alternancia positiva; deste xeito o valor do ángulo de fase é sempre inferior a 360°.
-
ángulo eléctrico
Distancia angular medida ao redor do inducido ou do entreferro nunha máquina eléctrica heteropolar, expresada en unidades angulares relativas e referidas ao paso polar. Establécese por definición que un paso polar corresponde a un ángulo eléctrico de 180°. Nunha máquina bipolar, polo tanto, o ángulo eléctrico coincide co ángulo xeométrico, pero nunha multipolar, é igual ao produto do ángulo xeométrico polo número de parellas de polos.
-
ángulo de axuste
-
ángulo de extinción
[FÍS/XEOL]
Ángulo que forman, ao observar unha placa mineral anisótropa a través dun sistema óptico con nicois cruzados, a liña de referencia da placa (unha liña de exfoliación ou unha cara do cristal) e os retículos do aparello no momento en que o sistema é atravesado pola mínima cantidade de luz posible. O ángulo de extinción ten moita relación cos elementos xeométricos do cristal; revela claramente a presenza de maclas na placa examinada. Tamén depende da composición química.
-
[IND]
-
ángulo de avance do eixo
Proxección sobre un plano lateral do ángulo que forma o eixo de articulación do fusel da roda dianteira coa vertical que pasa polo centro do soporte de articulación; adoita oscilar entre 2° e 6°.
-
ángulo de caída da roda
Ángulo de inclinación da roda respecto á vertical do solo; adoita oscilar entre 0,5° e 1,5°.
-
ángulo de inclinación da manga/de saída da roda
Proxección sobre un plano frontal do eixo de articulación da manga da roda dianteira respecto á vertical que pasa polo centro do soporte de articulación; adoita oscilar entre 5° e 8°.
-
ángulo de viraxe
Ángulo que forma cada unha das rodas directrices co eixo lonxitudinal do vehículo ao xirar o volante ao máximo.
-
ángulo de avance do eixo
-
ángulo de trama
[INFORM]
Denomínase así aquel ángulo que deben manter con respecto das outras cada unha das tramas de puntos que, superpostas, permiten imprimir un documento en cor.
-
ángulo de visión
[IND/ARTE]
Parte do plano que queda entre os obxectos máis separados entre si, nunha imaxe que pode captar o obxectivo dunha lonxitude focal dada.
-
[MAR]
-
ángulo de presa
Ángulo que nas áncoras de cepo forma a superficie plana das unllas coa recta que une o extremo da unlla e o parafuso do arganel.
-
ángulo de seguridade
Ángulo horizontal maior co que se poden ver dous puntos coñecidos da costa se se quere navegar a salvo de farallóns ou doutros perigos fixos.
-
ángulo horizontal
Ángulo que marca a diferenza entre as demoras de dous puntos.
-
ángulo vertical
Ángulo co que se ven dous puntos que teñen a mesma demora. Os ángulos verticais mídense co sextante.
-
ángulo vertical de certeza ou seguridade
Ángulo vertical maior co que se poden ver dous puntos situados nunha mesma demora se se quere navegar a salvo dun farallón ou calquera outro perigo fixo.
-
ángulo de presa
-
[TECNOL]
-
ángulo de desprendemento
Nunha ferramenta con gume, o formado pola cara do gume da ferramenta por onde se desprende a labra e o plano que pasa pola aresta da ferramenta, perpendicular á dirección do gume.
-
ángulo de gume
Nunha ferramenta con gume, complemento ata 90° do ángulo constituído pola suma do de incidencia e o de desprendemento.
-
ángulo de incidencia
Nunha ferramenta con gume, o formado pola cara do gume da ferramenta por onde non se desprende a labra e o plano que pasa pola aresta da ferramenta segundo a dirección do gume.
-
ángulo de refugallo
refugallo.
-
ángulo de desprendemento