animado -da

animado -da

(< animar)

  1. p reg

    de animar.

    Ex: Está tan animada despois do aprobado, que vai celebrar unha festa.

  2. adx

    Dotado de alma.

    Ex: Esas esculturas parecen animadas.

    Sinónimos: vivente.
  3. adx

    Relacionado co proceso de animación cinematográfica ou teatral.

    Ex: Estrearon unha serie de debuxos animados na televisión.

  4. adx [HERÁLD]

    Termo empregado para indicar o esmalte dos ollos dos animais, cando é diferente do corpo, e o das chamas dunha bomba.

  5. xénero animado [LING]

    Xénero que, en determinadas linguas africanas, índicas e americanas, se lles atribúe aos seres dotados de movemento en oposición aos que, por natura, son estáticos (xénero inanimado).

Palabras veciñas

Ánima + L | animable | animación | animado -da | animador -ra | animadversión | animal