Ánimas, Igrexa das

Ánimas, Igrexa das

Edificio neoclásico situado no centro urbano de Santiago de Compostela trazado por Miguel Ferro Caaveiro e López Freire para a Confraría das Ánimas (1800). Resolto cunha planta de salón, presenta unha sucesión de capelas laterais unidas por arcos e sobre elas, unha balconada corrida ao longo de toda a nave. No interior consérvanse uns baixorrelevos policromados que representan a Paixón de Cristo, obra de Manuel de Prado, e un Vía Crucis xigante. A fachada é obra de Ventura Rodríguez.

Palabras veciñas

animalización | animalizar | animar | Ánimas, Igrexa das | Ánimas, pedra das | animatic* | animatismo