aniñar

aniñar

(< niño)

  1. v i

    Agocharse unha ave, especialmente a galiña, no seu niño para pór ovos.

    Ex: Todas as galiñas aniñaron e agora podemos comer ovos da casa.

  2. v i

    Facer niño, especialmente as aves, ou vivir habitualmente nun determinado lugar.

    Ex: Os ratos aniñaron no sobrado. Agora as gaivotas aniñan nas cidades.

  3. v i

    Estar unha ave no niño a chocar os ovos ou acubillando os pitos.

    Ex: A aguia aniñaba tranquila a pesar dos movementos da árbore.

    Sinónimos: incubar.
  4. v pron

    Agocharse dobrando as pernas e sentándose enriba dos calcañares.

    Ex: Aniñeime e por mor diso comezaron a doerme os riles.

  5. v i

    Estar ou formarse algo dentro dunha persoa.

    Ex: Aniña no seu maxín a idea de ser un excelente escritor.

    Sinónimos: incubar.
  6. v i [INFORM]

    Colocar unha estrutura dentro doutra estrutura do mesmo tipo.

Palabras veciñas

aniñadoiro | aniñador -ra | aniñante | aniñar | aninovo | anión | anion gap*
Conxugar
VERBO aniñar
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
aniño
aniñas
aniña
aniñamos
aniñades
aniñan
Pretérito imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
aniñaba
aniñabas
aniñaba
aniñabamos
aniñabades
aniñaban
Pretérito perfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
aniñei
aniñaches
aniñou
aniñamos
aniñastes
aniñaron
Pretérito pluscuamperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
aniñara
aniñaras
aniñara
aniñaramos
aniñarades
aniñaran
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
aniñarei
aniñarás
aniñará
aniñaremos
aniñaredes
aniñarán
Condicional Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
aniñaría
aniñarías
aniñaría
aniñariamos
aniñariades
aniñarían

Subxuntivo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
aniñe
aniñes
aniñe
aniñemos
aniñedes
aniñen
Imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
aniñase
aniñases
aniñase
aniñasemos
aniñasedes
aniñasen
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
aniñar
aniñares
aniñar
aniñarmos
aniñardes
aniñaren

Imperativo

Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
-
aniña
-
-
aniñade
-

Formas nominais

Infinitivo conxugado Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
aniñar
aniñares
aniñar
aniñarmos
aniñardes
aniñaren
Xerundio aniñando
Participio aniñado
aniñada
aniñados
aniñadas