aniquilación

aniquilación

(

  1. s f

    Acción e efecto de aniquilar.

    Ex: A aniquilación das linguas minoritarias foi consecuencia do centralismo do estado.

    Sinónimos: aniquilamento. Confrontacións: exterminación, exterminio.
  2. s f [FÍS]

    Desaparición dunha partícula cando atopa a súa antipartícula, do que resulta un conxunto doutras partículas. Esta reacción está permitida pola lei de conservación da masa-enerxía: a enerxía total inicial da parella partícula-antipartícula transfórmase en enerxía cinética das novas partículas. Cando toda a enerxía inicial se transforma en enerxía cinética de partículas sen masa, a materia desaparece e transfórmase en radiación.

Palabras veciñas

anion gap* | aniónico -ca | anionotropía | aniquilación | aniquilador -ra | aniquilamento | aniquilar