ANNA 1-B

ANNA 1-B

Satélite artificial lanzado polos EE UU o 31 de outubro de 1962 cun foguete Thor-Able-Start. O seu nome corresponde ás iniciais de: Army, Navy, Nasa e Air Force. Foi o primeiro satélite artificial dedicado a estudios xeodésicos; a súa misión foi determinar a forza e a dirección do campo gravitatorio, amais de situar o centro de masa da Terra.

Palabras veciñas

anmoor* | Ann Arbor | Anna | ANNA 1-B | Anna Perenna | Anna Stuart | Annaba