Annual, Desfeita de

Annual, Desfeita de

Acción militar que tivo lugar o 21 de xullo de 1921 na posición de Annual (ou Anouâl), establecida no norte de Marrocos polo xeneral Fernández Silvestre, comandante das tropas españolas, derrotadas no seu precipitado avance cara a Alhucemas polas de ‘Abd al-Karīm. A desorde na retirada facilitou unha matanza de soldados españois e a apropiación por parte dos marroquís da praza de Melilla. A discusión sobre as responsabilidades da derrota de Annual foi unha das causas do Golpe de Estado de Primo de Rivera no 1923.

Palabras veciñas

Annona | annona* | annonario -ria | Annual, Desfeita de | Annunzio, Gabriele D’ | Annus horribilis | 1 ano