Ano Xeofísico Internacional
Ano Xeofísico Internacional
Nome científico:
[AXI]
Programa internacional de investigacións xeofísicas que durou 18 meses, do 1 de xullo de 1957 ao 31 de decembro de 1958. O programa conduciu a progresos considerables en diversos campos: estrutura da codia terrestre, cartografía do zócolo rochoso da Antártida, cartografía das correntes mariñas e dos fondos submarinos, exploración do espacio, etc. Durante o AXI púxose en órbita o primeiro satélite artificial (Sputnik I, 4 de outubro de 1957).