anoxia

anoxia

(< an- + -oxi- + -ia < an-+ gr ὀξύς ‘agudo, ácido’ + -ia)

s f [FISIOL]

Diminución ou falta de osíxeno respirable nas células ou nos tecidos dun organismo. Con frecuencia aparece como consecuencia da anoxemia e conduce á necrose das células. Prodúcese en casos de asfixia, intoxicación por monóxido de carbono e anemia, entre outros.

Palabras veciñas

anoxadizo -za | anoxar | anoxemia | anoxia | anoxibiose | anóxico -ca | anoxo