Ansulfo

Ansulfo
[ONOM]

Antigo nome galego procedente do xermánico ans ‘deus’ e ulf ‘lobo’. O lobo é un animal totémico e entre os xermanos era o animal sagrado do deus Odín. Esta reminiscencia mitolóxica quizais se atope tamén na orixe do antropónimo Ansur. O elemento Ulf aparece en nomes como Adolfo ou Aiulfo, e no apelido Ulfe. Non hai santo con este nome.

Palabras veciñas

ansióxeno -na | Ansoáin | Anstey, Edgar | Ansulfo | Ansur | Ansúrez, Pedro | Ansurio