antecámara

antecámara

(

  1. s f [ARQUIT]

    Sala que precede a outra de maior entidade. Peza que antecede á sala ou ás salas principais dun pazo ou casa grande. Nos edificios públicos reciben o nome de saleta. Por extensión, aplícase a toda cámara ou espazo anterior a outro maior.

  2. s f

    Nun local público, cuarto que está diante da sala de recepción.

    Sinónimos: antesala.
  3. s f [MAR]

    Espacio que precede á cámara do navío.

  4. s f [TECNOL]

    Cámara auxiliar de pequeno volume na que, nos motores con precombustión, desemboca o inxector. Comunica coa cámara de combustión a través duns buracos de pequena sección ou dun conduto relativamente estreito, e está aloxada, normalmente, na culata. Nos motores diesel, a antecámara modera a combustión evitando golpes bruscos no sistema biela-manivela e no cegoñal, aumenta a turbulencia dos gases producidos na precombustión e mellora a dispersión do combustible. A antecámara chámase tamén cámara de precombustión.

Frases feitas

  • Facer antecámara. Agardar nunha antecámara.