antecedente
antecedente
(< lat antecedēnte)
-
adx
Que antecede ou precede.
Ex: Todos os apelidos antecedentes ó sinalado deberán examinarse.
-
s
m
Aquilo que antecede.
Ex: No listado, todos eles son os antecedentes con respecto a min.
-
s
m
[LING]
Primeiro termo dunha correlación gramatical, que pode ser sobreentendido.
-
s
m
[FILOS]
Na implicación, o termo ou a proposición, da que se implica o consecuente.
-
s
m
[MÚS]
Motivo melódico que é retomado polo consecuente ou réplica, segundo algúns dos procedementos da imitación.
-
s
m
[XEOG]
Dise do curso de auga que sufriu un proceso de antecedencia.
-
antecedentes penais
[DER]
Relación de condenas penais ditadas contra unha persoa. Circunstancia agravante da responsabilidade penal de reincidencia; pode producir outros efectos legais.