anthem*

anthem*
s m [MÚS/RELIX]

Forma vogal especificamente inglesa, que ten os equivalentes latinos ou xermánicos no motete e na cantata de igrexa. É unha derivación inglesa do motete sobre textos do salterio. Enrique IV impulsouno e espallouno. A mediados do s XVI o anthem introduciuse en Inglaterra como unha parte esencial nos oficios divinos. A forma non é antifónica senón que é variable e está en constante evolución. Na fin do s XVI atópase o motete polifónico baseado na imitación e no s XVII distinguiuse o full anthem para coro e o verse anthem con un, dous ou tres solistas.

Palabras veciñas

antexuízo | Antheil, George | Anthela | anthem* | Anthemis | Antheraea | Anthias