antialcohólico -ca
antialcohólico -ca
(
-
adx
Que actúa contra o alcohol.
-
tratamento antialcohólico
[MED]
Conxunto de medidas terapéuticas e psico-sociais destinadas a combater o alcoholismo. Fálase de tratamentos médicos cando se utilizan vitaminas do grupo B, extractos hepáticos e psicofármacos; de tratamentos aversivos cando se recorre á asociación dun medicamento (disulfiram) co alcohol, feito que dá lugar a reaccións moi desagradables (vómitos, sufocos, etc); e de psicoterapia (individual ou de grupo), cando se trata de resolver os conflitos psíquicos profundos e as condicións de índole familiar, de traballo, etc, que motivaron o alcoholismo do paciente.