antibiose
antibiose
(
s
f
[ECOL]
Forma de antagonismo que presentan diversas especies de microorganismos que viven no mesmo medio e que conduce á rápida eliminación dunha ou varias destas especies. Os microorganismos que provocan a situación de antibiose fano ao producir cambios osmóticos, de capilaridade, de pH ou de potencial de óxido-redución, ao bloquear algún factor imprescindible, coa liberación de catabolitos tóxicos ou coa síntese de substancias tóxicas específicas ou antibióticos.