anticoagulante
anticoagulante
(< anti- + coagulante)
-
adx
Que evita a coagulación.
-
s
m
[FISIOL]
Axente que inhibe a coagulación do sangue ao interferir algún dos seus mecanismos. No plasma sanguíneo existen diversos anticoagulantes, como a antitromboplastina, a antitrombina, etc. Ademais destes anticoagulantes producidos polos organismos, existen outros de diversa procedencia, empregados en farmacia, como por exemplo, o oxalato e o citrato sódicos, e a heparina.