Anti-Dühring

Anti-Dühring

Nome co que se coñece a obra de Engels Anti-Dühring: Hern Eugens Dührings Umwälzung der Wissenschaft (Anti-Dühring ou a revolución da ciencia de Uxío Dühring: introdución ao estudo do socialismo), que comprende os artigos publicados entre 1877 e 1878 polo autor. Nesta obra expóñense de xeito sistemático os fundamentos do socialismo científico e aplícase esta doutrina ao maior número de campos. Na parte filosófica, analiza a relación entre o ser e o pensamento, apoiándose nos logros científicos da bioloxía, a física ou as ciencias en xeral. Na parte económica, expón as teorías de Marx sobre o traballo, a mercancía, o valor, etc. Na última parte, explica as diferencias entre socialismo utópico e socialismo científico, constituíndo unha verdadeira introdución doutrinal ao socialismo.

Palabras veciñas

Anthyllis | anti- | Anti-Corn Law League | Anti-Dühring | anti-g | Antía | Antía, santa