antimónico -ca

antimónico -ca

(< antimoni(o)

  1. adx [QUÍM]

    Que contén antimonio, referido especialmente aos compostos de antimonio nos que este é pentavalente.

  2. ácido antimónico [QUÍM]

    Nome xenérico de diversos compostos con “contidos de auga” e graos de polimerización variables e mal definidos, que derivan do pentóxido de antimonio por hidratación. Os ácidos antimónicos son propiamente ácidos e a súa forza é comparable á do ácido acético. Os seus sales son os antimoniatos.

Palabras veciñas

antimoniado -da | antimonial | antimoniato | antimónico -ca | antimonilo | antimonio | antimonioso -sa