antinomía
antinomía
(< lat antinomĭa < grἀντινομία‘sen lei’ < gr ἀντί ‘contra’+νόμος ‘lei’)
-
s
f
[DER]
Contradición real ou aparente entre dúas leis ou entre dous preceptos dunha mesma lei. Cando a contradición é irredutible, o intérprete debe considerar non escrito o precepto contrario aos principios xerais do sistema xurídico en cuestión, ou ben anular os dous e cualificar a situación como un caso de lagoa legal.
-
s
f
[FILOS]
Contradición entre dúas proposicións que, consideradas illadamente, teñen tantas razóns xustificadoras unha coma a outra. Kant formulou catro antinomías que implican a crítica á metafísica tradicional: eternidade e infinidade do mundo, natureza da substancia, existencia dun determinismo universal e existencia dun ser absolutamente necesario.
-
s
f
[FILOS]
paradoxo.