antiparkinsoniano -na

antiparkinsoniano -na

(< anti- + parkinsoniano)

  1. adx

    Que combate a enfermidade de Párkinson.

  2. s m [MED]

    Axente que combate a enfermidade do Párkinson. Os fármacos antiparkinsonianos baséanse no feito de que o transtorno bioquímico fundamental desta enfermidade é un déficit de dopamina nos ganglios basais, o que produce un exceso relativo de acetilcolina. A levodopa, precursora da dopamina, é o fármaco de elección, xeralmente asociado a un inhibidor da dopadescarboxilasa. Outros fármacos utilizados son os anticolinérxicos, selexilina, amantadina, bromocriptina, lisurida e pergolida.