antipendio

antipendio

(< lat tardío antependiu)

  1. s m

    Táboas ou relevos situados na parte frontal e lateral dun altar que o recobren para que non sexa visto polos fieis; así mesmo, se a parte posterior do altar quedaba á súa vista tamén debía recubrirse. O veo que antigamente cubría o altar, foi substituído por táboas pintadas, repuxadas ou esculpidas a partir do s V, como aparece xa en Santa Sofía de Constantinopla. No gótico substituíronse os antipendios fixos por tapices corredíos. A partir do s XVIII desapareceu o antipendio dos altares, ocupando o seu lugar un bastidor de madeira adornado con teas de seda ou lenzos pintados, que son máis doados de cambiar segundo a cor indicada pola liturxia.

    Confrontacións: frontal.
  2. s m

    eo ou tapiz de teas preciosas que tapaba a parte dianteira do altar situada entre a mesa e o chan.